Valor artesán

Todo o proceso de creación cóidase ao detalle, desde a selección das peles en curtidurías nacionais e italianas sustentables, até o procesado, a estampación e o ensamblado manual de cada peza.

Anos de investigación fixeron que Cabuxa sexa recoñecida pola alta calidade da súa estampación. A expresión 'Arte na Pel', define perfectamente unha fórmula única e exclusiva da marca: a tinta penetra na pel como unha tatuaxe totalmente indeleble que reproduce ao detalle calquera imaxe ou ilustración, conservando o tacto e a calidez orixinal da pel.

Cada peza é unha pequena obra de arte de uso cotián, única e irrepetible que nace do valor artesán e do imaxinario creativo da marca.