No s. XVII, as primeiras tabaqueiras estaban restrinxidas ás clases máis podentes que gardaban nelas a herba do tabaco, moi apreciada entón como exótico remedio para as máis diversas doenzas. Labradas en porcelana, marfil, laca, esmalte, vidro... eran pequenas obras de arte que lembraban aos pequenos frascos medicinais. Coa popularización do seu uso, a tabaqueira integrouse na vestimenta diaria como un complemento máis que pendía dos cintos.