Un pouco de historia...

Cabuxa é a evolución natural da sensibilidade creativa de Ana, 'alma mater' da firma e unha apaixonada do mundo da arte. De formación autodidacta, Ana aprendeu moi nova o oficio do coiro da man de artesáns no sur de España. Un primeiro contacto que a animaría a seguir formándose e experimentar novas técnicas de creación en pel.

O seu encontro con Alfredo reforzou a carreira profesional da firma unindo a ilusión creativa de Ana co coñecemento de Alfredo no mundo téxtil; xuntos crean unha revolucionaria técnica de estampación que hoxe é un recoñecido emblema da casa.

Coa recente incorporación do fillo de Ana, Naín -máster de deseño en pel pola fundación Loewe- Cabuxa está inmersa nunha continua renovación de coleccións que falan de experiencia profesional, alta calidade e orixinalidade plástica. Unha perfecta fusión de arte, paixón e tecnoloxía.