Colección 'Nordic Varen'

Yoshiro Tachibana

Biografía de Yoshiro Tachibana:

  • 1941 - Nace en Xapón (Sanda, Kobe), fillo de pintor.
  • 1959 - Aprende pintura co seu pai. Interésalle Cezanne, Gogh, Matisse e Rouault.
  • 1962 - Vai a Tokio para estudar na Escola de Belas Artes. Emociónalle a obra de Klee.
  • 1963 - Funda a pena flamenca "Nana" en Tokio. Alí coñece a artistas españois de flamenco.
  • 1968 - Forma parte do grupo de pintores xaponeses "Bandeira Negra" e realiza varios "happenings" en contra da guerra de Vietnan.
  • 1969 - Viaxa a Europa, visitando Rusia, os países escandinavos, e chega a España. Queda en Madrid, e máis tarde percorre numerosos pobos de España.
  • 1971 - Viaxa a Hamburgo (Alemaña) onde se interesa polos pintores alemáns contemporáneos.
  • 1972 - En Kiel (Alemaña) coñece obras de Nolde.
  • 1973 - Chega a Oslo (Noruega). Acode a clase de debuxo na escola de Arquitectura, e coñece obras de Munch. Debuxa numerosas paisaxes nórdicas.
  • 1974 - Regresa a España e decide establecerse nun pequeno pobo pesqueiro: Muxía (A Coruña).
  • 1975 - Comeza a expor a súa obra en varias cidades galegas. Coñece artistas galegos como Tomás Barros, Prego, Virxilio, Buciño, Pousa e X. Moreda.
  • 1981 - Viaxa a Xapón para expor en Tokio (Ginza Matsu-zaka-ya) e regresa a España.
  • 1984 - A súa obra é elixida para a "Expo Cultural Xapón 84" na Coruña. Interésase por temas místicos, estuda mandala budista.
  • 1985 - Recibe a visita de Laxeiro.
  • 1986 - Regresa de novo a Xapón para expor no Concello de Kobe.
  • 1987 - Realiza outra exposición no concello de Sanda e viaxa a Sri Lanka, para coñecer o mundo do budismo primitivo.
  • 1988 - Regresa a España e comeza a estudar pintura primitiva e iconografía medieval.
  • 1998 - Rompe dez anos de illamento e comeza a expor de novo no concello de Sanda (Xapón), Galería Obelisco (A Coruña) e Galería Alameda.
  • 2001 - Expón de novo en Xapón, xunto con obras do seu pai Nakaba (1902-2000).