Biblioteca

Yolanda Manrique Pereira

Nace en Alemaña no ano 1973. A afección e gusto de Yolanda pola pintura xa vén desde pequena. Nos seus momentos de crises, o que máis a relaxaba era pintar. A partir de aquí foise desenvolvendo no mundo da pintura decantándose pola técnica pastel. Desde hai anos colabora cos seus debuxos en diversas actividades do Centro Castro Navas - Fundación Menela, tales como o deseño de postais calendarios ou cadros para exposicións. Desde o 2004 leva acumulando unha infinidade de premios Nacionais e internacionais.