Teresa Roza Cuevas

Teresa non estudou arte nin se considera artista, pero iso non lle impide crear. Esta asturiana empezou a súa andaina alá polo ano 2000, traballando con vidreiras emplomadas e tiffany para acabar finalmente facendo mosaicos de vidro. Deixou de lado a arte durante un tempo mentres criaba aos seus catro fillos e en 2007 empezou a traballar nun colexio de educación especial para adultos. Ao ver a fascinación dalgúns dos seus alumnos coas cores intensas, realizou unha serie de cadros para estimular aos alumnos.