Cabuxa

Nain Rodríguez Alonso

Eggvolution

Peza única inspirada nos ovos de pascua realizados polo xoieiro Carl Fabergé.
Este bolso-xoia está fabricado 100% a man e moldeado a partir dun ovo de avestruz.
Confeccionado en fibra de carbono, ouro, bio-resina e pel,
Estes materiais achéganlle lixeireza, resistencia, brillo e elegancia
Peche magnético en 3 puntos, apertura cun leve xiro á esquerda.

-Texido de fibra de carbono de 220 gr/m2.
-Resina termoestable epoxi con base de orixe Bio-Renovable.
-Interior forrado en pan de ouro, cadea de suxeición e argola porta asas de ouro.
-Asa de man en pel de vacún.

Preséntase nunha caixa niño enche de plumas de avestruz.

Nain Rodríguez Alonso

Desde sempre tiven interese polo deseño, creación e funcionamento de distintos tipos de obxectos e maquinas, así como tamén estiven rodeado de todo tipo de materiais e ferramentas. Apaixonado por ver como toma forma unha idea a partir de distintos materiais e procesos. Estudei electromecánica e música, ademais de realizar un master de deseño en pel coa fundación Loewe no centro tecnolóxico da pel de Andalucía, situado en Ubrique.

Entre as miñas creacións atópanse obras tan dispares como bolsos, guitarras e táboas de surf.