Colección 'Barrio alto'

Luis Castro Enjamio

Alá polo ano 1962 escoitouse un berro no Caribe. Naceu Enjamio e a súa nai exclamou: Uf, que alivio! Enjamio de pequeno cazaba lagartas nunha barriada da Habana para colgalas como pendentes das súas orellas. Tamén participaba na guerra das cuspidas. Logo fíxose grande e marchou da illa a un continente. Vaia cambio! Pero as cores da súa illa quedaron nel. Agora xa non caza lagartas, debúxaas para editoriais de acá. Vive en Galicia desde hai 15 anos e ten un extenso traballo como debuxante ilustrador.