Colección 'Bebendo de ti'

Leandro Lamas

En 1998 fago a primeira exposición na galería Sargadelos de Ferrol. Desde ese momento empezo a dedicarme "seriamente" a isto e levo os meus cadros a cantos sitios hai (galerías, cafetarías, salas municipais...) sobre todo por Galicia. Tamén teño feito ilustracións para contos, portadas de cds, murais. Ultimamente non fago moitas exposicións porque, afortunadamente, vou tendo encargos, sobre todo de cadros personalizados (cóntanme a súa vida e eu píntoa).