T

Ana Castiñeiras Portela

Procedente da cidade da Coruña, e sen saber moi ben como, terminei facéndome ilustradora. Sempre me gustou debuxar e que eu recorde sempre hei ter unha chea de paxaros revoloteando pola miña cabeza. Elixín a rama científica para despois estudar magisterio, iso de ser "profe" din que me pega, e terminar facendo Ilustración, algo co que realmente gozo (escola Pablo Picasso). De futuro incerto, actualmente colaboro co grupo Cabuxa (arte en pel), realicei algunha exposición colectiva na miña cidade e espero poder seguir realizando moitas máis.