Graffiti

Álvaro Justo

Aeme187 é un escritor de graffiti, diseñador gráfico, dj e beatmeaker residente en Vigo. A súa actividade como escritor comeza sobre o ano 2000, que é cando toma contacto por primeira vez con esta actividade, durante os anos posteriores desenvolve a súa actividade como escritor ata que no ano 2005 comeza a estudar deseño gráfico na escola Aula D de Vigo, o cal fai que a súa obra evolucione e siga por camiños novos, no ano 2006 é elixido xurado do certamen Gzcrea de novos creadores, no ano 2007 colabora con Velio Mgz no nº 24 desta publicación (Trip Issue) e é invitado a participar no 99348 Festival de Laussane (Suiza). A súa carreira como DJ remóntase ao ano 2004, que é cando comezou a adquirir os primeiros vinilos da súa colección, e ata o día de hoxe seguiu adquirindo toda a música que lle foi posible, ata o ano 2009, cando saco unha mixpate promocional co nome de ?the beathunter vol.1.?, que se pode descargar no seu web de forma totalmente gratuita