Arte e colaboración

A aposta pola arte e as novas expresións plásticas impulsa a colaboración de Cabuxa con artistas que atopan nas pezas da firma un escaparate único onde plasmar a súa obra, e unha colaboración profesional comprometida.

Ao longo da  traxectoria profesional de Cabuxa, son máis dunha vintena os artistas que colaboraron coa firma ilustrando distintas coleccións. Todos eles forman parte da particular Galería de artistas da firma.

Pintura, ilustración, grafiti, poesía, fotografía,...  son moitas as técnicas creativas que inspiran as novas coleccións de Cabuxa, bolsos e complementos que transmiten a paixón pola arte, a tradición artesá e a innovación.